Translate

jueves, 7 de febrero de 2019

Competencia dixital para a aprendizaxe autónoma de linguas

Este curso pretende fomentar a autorregulación, a reflexión e a autoeficacia necesarias para a aprendizaxe autónoma e permanente mediante o desenvolvemento e optimización dos tres vértices da competencia de aprender a aprender: a conciencia de aprendiz, a conciencia do proceso de aprendizaxe, e a conciencia social, sendo esta última a áncora da competencia dixital.

Persoalmente unha vez que tomei conciencia das necesidades e procesos da miña propia aprendizaxe,  con este curso pretendo:

  • Idenfificar as oportunidades dispoñibles.  
  • Superar os diversos obstáculos co fin de aprender con éxito, pois a falta de tempo dificulta adicarlle o que un quixera a aprendizaxe dunha nova lingua. 
  • Pretendo tamén adquirir un compromiso de construir o meu propio coñecemento a partires das aprendizaxes e experiencias vitais anteriores co fin de reutilizar e aplicar o coñecemento e as habilidades nunha variedade de contextos: na casa, no traballo... para isto teño que adicar o pouco tempo libre, que será as fins de semana. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario